03/08/2016

Campamentos e Obradoiros creativos

velaisca-proxectos-educativos-campamentos-5Ofrecémosvos divertidos campamentos e obradoiros creativos cunha programación personalizada. Organizamos estas actividades durante o curso escolar  e períodos de vacacións.   Propoñemos campamentos con temáticas de interese coma pode ser a arte, a música, a historia ou a ciencia. Nos nosos obradoiros creativos primamos que os participantes elaboren as súas propias creacións . Pasámolo ben á vez que aprendemos.

Algúns campamentos e obradoiros creativos que organizamos:

Obradoiros de construcción de instrumentos musicais no Campamento Musical organizado pola Banda de Música de Chantada. Durante esta semana construímos tambores, pandeiretas e castañuelas para acompañar as pezas musicais que os participantes no Campus Musical interpretaron o día de fin de curso.

Obradoiro de construcción de xoguetes creativos nas vacacións de Semana Santa. Os máis pequenos disfrutaron con xoguetes construídos por eles mesmos. Fixemos ramplas de canicas, puzzles e tragabolas utilizando material de refugallo.

Campamento de verán no Concello Bóveda. Cada semana xirou en torno a unha temática distinta para despertar inquedanzas polo mundo da ciencia, da prehistoria ou da reciclaxe. Manualidades, cancións, xogos e xincanas fixeron que o pasaramos en grande

Artimañas: no verán ofrecemos obradoiros nos que as artes son as protagonistas. Coñecemos e experimentamos co teatro, o cine, a pintura, a música e a escultura.

Scroll Up