Xogos tradicionais: O Xogo da Ra

O Xogo da Ra  é un xogo tradicional de lanzamento no que a puntería e a precisión dos xogadores son clave para obter unha boa puntuación.

Este xogo ven de moi antigo, xa os exipcios, gregos e romanos xogaban a algo semellantes, que consistía en intentar introducir pola boca dunha ánfora pedras.

Como é o xogo da ra?

O xogo da ra consiste nunha mesa de madeira que ten diferentes buratos nos que se colocan a figura dunha ra coa boca aberta, uns muíños ou unhas pontes. Normalmente estas figuriñas son de fundición. Para lanzar, precisamos uns discos pequenos de ferro chamados pellos.

Como se xoga?

Cada xogador ten que lanzar os pellos dende unha marca sinalada no chan que non se pode pisar. Débese atinar con estes pellos dentro dalgún dos buratos que terá unha puntuación previamente acorada entre os xogadores. Normalmente a figura que máis vale é a ra, despois os muíños e as pontes serían os de menor valor.

Pódese xogar de xeito individual, por parellas ou en equipos.

 

O xogo da ra é un xogo tradicional moi popular ao longo de toda a xeografía da Península Ibérica. Se vos gusta este xogo e tedes boa puntería, en Asturias celebran campionatos nos que podedes anotarvos

Share

Un comentario en “Xogos tradicionais: O Xogo da Ra

  • Hola donde puedo comprar lo necesario para el juego “da Ra”
    Muchas gracias

Os comentarios están pechados.

Scroll Up