Xogos tradicionais: Pai, fillo e nai

Hoxe toca un xogo de taboleiro ao que ben seguro todos xogamos unhas cantas veces. No recreo, na clase mentres o mestre explicaba, nalgún bar. Cos amigos, cos pais ou ca avoa.

Sinxelo onde os haxa, para xogar a Pai, fillo e nai, ou, máis coñecido como o Tres en raia, só necesitamos un boli, un papel e seis fichas.

Como se xoga?

Repártense tres fichas diferentes para cada xogador. Un pode xogar con tres pedriñas brancas e o outro con tres pedriñas marróns. Un con noces e outro con castañas ou un con botóns verdes e outro con botóns encarnados.

Nun papel, no chan, na area da praia … márcase o taboleiro. O xogador que vai primeiro pon a súa ficha no medio. Despois, sucesivamente, vanse colocando as fichiñas nos ocos. Do que se trata é de conseguir poñer tres fichas da mesma cor en fila.
Poden xogarse tantas partidas como se queira.

Share

Libro e CD Infantil da Apalpadora

 

Mergúllate na vida da Apalpadora, da súa vida na montaña e do seu mundo fantástico de lendas galegas.

 

Fala con nós e faite co teu Libro e/ou CD

Scroll Up
×