Sendeirismo na Ribeira Sacra: Pesqueiras

Se vos gusta a Ribeira Sacra e queredes descubrir o seus recunchos máis fermosos dámosvos a benvida á nosa nova sección. Que facer na Ribeira Sacra con nenos?

Ruta de sendeirismo por Pesqueiras

Hoxe propoñémosvos unha ruta de sendeirismo circular e moi faciliña polas inmediacións da Igrexa Románica de Santa María de Pesqueiras.

DATOS DA RUTA:

LONXITUDE: 3 km

DIFICULTADE: BAIXA

DURACIÓN: 75 minutos

ACCESO: Dende o Embalse de Belesar subir cara a Eirexa. A 500 metros hai un cartel que indica a Igrexa de Santa María de Pesqueiras.

SINALIZACIÓN: Ben sinalizada. Hai un mapa explicativo ao comezo da ruta.

Este percorrido apto para todos os públicos descorre por varias pistas e camiños rodeados de viñas, carballos e castiñeiros.

Durante os primeiros kilómetros poderemos observar como o Río Miño se detén ante o Embalse de Belesar. Tamén apreciaremos os viñedos dispostos en muras ou bancais que conforman a paisaxe característica da Ribeira Sacra.

Segundo imos avanzando na ruta, irémonos adentrando en camiños flanqueados por carballos e castiñeiros. Esta é unha oportunidade única para que os máis pequenos da casa coñezan a  flora autóctona galega.

Pasada máis da metade do camiño, teremos que facer unha parada na Igrexa Románica de Santa María de Pesqueiras. Se seguimos o camiño chegaremos ao punto de inicio.

 

Se vos apetece camiñar por estes carreiros da Ribeira Sacra para pasar un día inesquecible cos cativos non dubidedes en contactarnos e organizámosvos unha visita personalizada chea de xogos e sorpresas para toda a familia.

Share
Scroll Up