Xogos tradicionais galegos

 

Dende a infancia os xogos tradicionais son a ferramenta máis poderosa do aprendizaxe. Son un medio imprescindible para a socialización. Tamén é unha maneira de adentrarse e coñecer a vida cultural da sociedade da que forman parte. Por estes motivos, parécenos importante que os cativos coñezan os xogos populares e tradicionais galegos, fundamentais para coñecer as nosas orixes.

Os xogos tradicionais, ademais da súa dimensión lúdica, contan con múltiples valores sociais e culturais. Por iso quixemos recuperar moitos dos  xogos populares e tradicionais galegos. Os xogos de toda a vida, aqueles que se transmitiron de xeración en xeración. Que hoxe en día forman parte do noso patrimonio cultural. Os xogos tradicionais galegos potencian a actividade tanto mental como física, combinan destrezas como a puntería, a cooperación ou a maña. Os xogadores coñecerán o seu corpo, as súas posibilidades e limitacións á vez que entran en contacto coa súa cultura e tradicións.

Os xogos tradicionais admiten moitas variacións polo que son fáciles de adaptar ás necesidades dos xogadores.

Permiten tanto o xogo libre, no que os participantes poderán probar e experimentar á súa vontade, como o xogo regrado, tanto individual como colectivo. A distancia, a puntuación gañadora ou os tempos poden ser modificados tantas veces como se queira. Son para todo tipo de público e de doada comprensión. Sen dúbida, permitirannos pasar un bo momento en familia ou cos amigos. Os xogos tradicionais sacarán nostalxia aos máis maiores e sorrisos aos máis novos.

Outro dos elementos importantes dos xogos tradicionais galegos é que a maioría son sinxelos de elaborar. Utilizan materiais tanto da natureza como de refugallo que podemos atopar no noso entorno máis próximo. Para crealos solo fai falta un pouco de tempo,paciencia e imaxinación para darlles o noso toque persoal. Exemplo desta sinxeleza poden ser os birlos que se fan con pequenos troncos de madeira ou os aros, feitos a partir das rodas das bicis ou dos aros dos caldeiros.

Dende Velaísca queremos contribuír a que os xogos tradicionais galegos non se perdan. Que se sigan transmitindo aos nenos e nenas xa que nos parecen un piar importante da nosa cultura e patrimonio. Por iso, dende o ano pasado comezamos a recopilar xogos propios da nosa zona como do resto da xeografía galega. Os xogos tradicionais dos que dispoñemos na actualidade podedes consultalos  descargando o noso catálogo .

 

Share
Scroll Up