Encontro Pingueira

O 23 e 24 de setembro celebrouse Pingueira en Chantada, un encontro no que se expuxeron diversos proxectos pedagóxicos relacionados coa tecnociencia e a educomunicación. Docentes, investigadores, asociacións ou persoas interesadas mergulláronse en innovadores proxectos educativos. Nos tivemos o pracer de presentar o noso proxecto de Exploradores do Asma realizado no IES Lama das Quendas no curso escolar 2014-2015. Por outra banda, tamén coordinamos unha táboa redonda nunha das xornadas denominada a “Transmisión interxerenacional do patrimonio rural a través das tecnoloxías da información e o coñecemento”. Estivemos encantadas de ser participes activas deste encontro.

pingueira    explor

Share

Un comentario en “Encontro Pingueira

  • Foi un encontro moi interesante, seguirei atenta as vosas andanzas. Un placer :)

Os comentarios están pechados.

Scroll Up