Andaina 2015

Os integrantes de Atletismo Chantada organizaron unha andaina de 23 kilómetros polo concello de Chantada e, por outra banda, nos coordinamos a miniandaina, unha camiñata duns 3 kilómetros para os mais pequenos.

Tanto na saída coma na chegada así como no transcurso da mesma fixemos diversos xogos por equipos cun fio conductor: pasando as probas desaparecería un feitizo no río Asma. Foi unha xornada onde a Natureza foi a gran protagonista cuns paraxes únicos que contaxiaban vitalidade, en ningún momento ningún dos pequenos quedou sen enerxía. ;) Grazas a todos os caminantes por participar nesta aventura.

lomminandaina

Share

Libro e CD Infantil da Apalpadora

 

Mergúllate na vida da Apalpadora, da súa vida na montaña e do seu mundo fantástico de lendas galegas.

 

Fala con nós e faite co teu Libro e/ou CD

Scroll Up
×