VELAÍSCA
        

ACTIVIDADES

ANIMACIÓN INFANTIL


Queredes organizar unha festa infantil orixinal? Sorpréndeos cun día único. Organizámosche unha festa temática.

CAMPAMENTOS E OBRADOIROS CREATIVOS

Velaísca ofrécevos novidosas actividades para mergullarse na nosa historia, natureza e costumes.

XOGOS TRADICIONAIS


Xogos esquecidos da nosa cultura que sacarán sorrisos nos maiores e espertarán novas habilidades nos máis pequenos.

PROXECTOS EDUCATIVOS


O alumnado interactuará na procura dos seus propios coñecementos sen esquecer a súa realidade máis próxima

FILOSOFÍA


Divulgar o noso patrimonio máis próximo

Dende Velaísca promovemos a interacción dos rapaces co seu Patrimonio. Con Patrimonio referímonos tanto a aquilo material e tanxible como edificios, restos arqueolóxicos, a natureza e monumentos e, tamén, ao patrimonio inmaterial e intanxible como a lingua, as tradicións ou o mundo simbólico.

Cada comarca conta con peculiaridades naturais, históricas, culturais, ou artísticas, que ben é certo que non sempre son coñecidas polos seus habitantes.

Pretendemos que os nenos a través dunha metodoloxía lúdica, didáctica e participativa coñezan o entorno que os arrodea. Así pouco a pouco comezarán a coidar, respectar e divulgar; en definitiva, por en valor o seu patrimonio involucrando ás xeracións vindeiras.

Quen somos

Imagen subida

ANTÍA

Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Realizou o máster da Pompeu Fabra en Políticas Públicas e Sociais, especializándose en participación infantil. Tamén é monitora de tempo libre.
Imagen subida

EQUIPO


Velaísca conta cun equipo de profesionais interdisciplinales, todos eles con formación no eido educativo ou do tempo libre.
Traballa con nós
Imagen subida

Carme

É licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou o mestrado de Profesorado de Educación Secundaria na especialidade de Ciencias Sociais. Dende o 2008 é monitora de tempo libre.

BLOG

Contáctanos

Envíanos as túas dúbidas ou suxerencias
Scroll Up